O Concello de Ourense promove un premio de relatos en homenaxe á Xeración Nós

La Voz

OURENSE

xmr

As bases da convocatoria aprobaranse nos próximos días

05 mar 2020 . Actualizado a las 18:30 h.

Dentro das accións a desenvolver polo Concello en relación á celebración do centenario da revista Nós a administración local anunciou este mércores a creación dun Premio Nós de Relatos. A iniciativa nace co obxectivo de «render homenaxe ao traballo deste grupo, á revista e en definitiva a un dos proxectos máis singulares e que situaron á cidade como a Atenas de Galicia». As bases aprobaranse nos próximos días.