A Deputación participou nunha xornada de Turismo e Tecnoloxía en Santiago

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

O director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, expuxo os retos aos que se enfrontan as administracións

02 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Ourense vén de participar na primeira Xornada de Turismo e Tecnoloxía (Loopcongress), celebrada na Cidade da Cultura de Santiago, organizada polo Clúster de Turismo de Galicia e o Clúster TIC Galicia.Trátase dun encontro profesional dirixido a fomentar a colaboración entre as empresas representadas polas plataformas co obxectivo de avanzar en transformación e competitividade. A Deputación participou na mesa redonda «Apoios ao sector: visión da administración no sector turístico de Galicia», representada polo director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, quen, ademais de explicar o proxecto de Destino Turístico Intelixente «Hai un Ourense para ti: descúbreo», expuxo os retos aos que se enfrontan as administracións para fomentar as novas formas de turismo e o uso das ferramentas tecnolóxicas para superar estes retos  Entre as iniciativas descritas, algunhas que utilizará a nova plataforma da Deputación son o cloud computing, o Big Data a Intelixencia Artificial ou a realidade virtual e aumentada. Fernando Suárez analizou tamén as oportunidades que a Compra Pública de Innovación aporta tanto a administración como a empresas, fomentando o desenvolvemento de novas solucións dende a demanda, nun xeito de colaboración público-privada que ten amosado as vantaxes e que a Deputación de Ourense está a impulsar para crear un ecosistema de innovación no ámbito da provincia.

As liñas temáticas da xornada foron as posibilidades da información a gran escala (Big Data) para mellorar a actividade das empresas e identificar problemas e resolvelos de xeito eficiente, e as potencialidades do Social Selling, un novo paradigma na actividade comercial.