Unha escuela verde

No programa  de sensibilización ambiental participa unha decena de centros escolares de educación Primaria e Secundaria


Ourense

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou á totalidade da comunidade escolar de Galicia a seguir o exemplo do IES Xesús Ferro Couselo de Ourense e converterse en embaixadores das Escolas verdes. O de Ourense é un dos dez centros educativos que participan na primeira edición do programa , impulsado en colaboración coa Consellería de Educación dentro do Plan Proxecta.  A conselleira explicou, nuna visita ao instituto, que Escola Verde é un programa de sensibilización ambiental no que participa unha decena de centros escolares de educación Primaria e Secundaria, dentro da súa primeira edición.Escola Verde non só se limita aos alumnos, senón que tamén ten en conta ao persoal de mantemento, limpeza e comedor e ás familias, pois o alumnado levará á súa contorna máis próxima as aprendizaxes adquiridas.

 Nese sentido, Ángeles Vázquez defendeu a posta en marcha deste tipo de iniciativas no eido da educación por ten «claros efectos multiplicadores» para acadar avances, como cidades máis sustentables con cidadáns máis comprometidos, nas que se fomente o consumo responsable e a protección da biodiversidade. Explicou que grazas a programas como Escolas Verde estase a fomentar a denominada filosofía multierre (repensar, redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar e recuperar), «polo que con xestos sinxelos que debemos adoptar na escolas, e que incluso se poden extrapolar a outros ámbitos do día a día, se acadan grandes beneficios para o conxunto da sociedade». Entre esas pequenas tarefas destacou o feito de empregar bolsa de tea reuitlizables para o bocata; conseguir escolas con aluminio cero ou un recreo libre de plástico dun só uso; ademais de empregar unha pequena cantimplora ou botella reutilizable para as bebidas, non mesturar residuos e depositalo correctamente en cada contedor; ou facer un uso responsable dos recursos, como a auga, pechando as billas cando se lavan os dentes; ou as fiestras cando se atope acendida a calefacción.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos
Comentarios

Unha escuela verde