Obradoiro de ilustración e encontro con Pablo Otero

A Biblioteca Pública de Ourense amosa a exposición «Grandes ilustradores»


Galicia celebra o Día da Ilustración con actividades da Consellería de Cultura polas diferentes bibliotecas do país. Na Biblioteca Pública de Ourense, no espazo cultural de San Francisco, hai unha mostra conmemorativa e están programadas dúas actividades para esta tarde. Na sala de exposicións da Biblioteca está aberta ao público unha mostra sobre «Grandes ilustradores» e a mesma pode ser visitada ata mañá, día 31.

En canto ás actividades, para as seis da tarde está programada un obradoiro de ilustración con Filantropía. Unha hora despois comezarán un encontro co ilustrador Pablo Otero. Autor de traballos para diferentes editoriais, amosou o seu traballo no 2018 no Valente e no Museo Municipal. En ambos casos fixo, ademáis, unha intervención nas fachadas.

Hoxe • 18.00 e 19.00 horas • Biblioteca Pública de Ourense •

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Obradoiro de ilustración e encontro con Pablo Otero