Vida e vicisitudes históricas do xacemento de Santomé

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

A sala de Afundación amosa unha selección de obxectos atopados nas escavacións

26 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 8 de marzo • Luns a venres: de 17.30 a 20.30 horas. Sábados e domingos: de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas • Afundación • Na sala de exposicións da Praza Maior de Ourense está aberta ao público a mostra «Santomé, conxunto arqueolóxico natural», un proxecto do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que aposta por achegar aos visitantes o importante legado que alberga este espazo que se atopa a escasos tres quilómetros do centro da cidade. Como se sinala na documentación da mostra, Santomé é «un complexo arqueolóxico imprescindible para coñecer unha parte fundamental do pasado da cidade». A mostra de Afundación estruturase en diversos apartados temáticos, nos que por medio dunha selección dos restos materiais recuperados nos traballos de escavación, se ilustran varios aspectos da vida cotiá do poboado «permitindo ao visitante contemplar a beleza e interese das pezas exhibidas, ao tempo que ilustran acerca dos importantes vínculos e conexións que Santomé mantivo con outros territorios».