Ilustración da man de Kiko da Silva e Ana Moreiras

La Voz

OURENSE

Ramón Leiro

As actividades desenvolveranse en Punto e Coma

24 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Libraría Punto e Coma • De balde (ata completar aforo) • O día 30 de xaneiro é o Día da Ilustración -este ano co ourensán Cándido Fernández Mazas como protagonista- e no espazo cultural da Rúa da Paz propoñen unha fin de semana ilustrada para celebralo.

 

As actividades comezan esta tarde, xa que para ás 18.00 horas está prevista a presentación dunha obra do ilustrador Miguelanxo Prado. Para falar do título «A man!» contarase coa presenza do editor e ilustrador Kiko da Silva.

O sábado comezará a xornada pola mañá, cunha contada a cargo de Uxía Morán (12.00 horas). Á tarde (19.00 horas) presentará Ana Moreiras «Madialeva», unha novela gráfica sobre o rural galego. Estará acompañada no acto polo actor Miguel de Lira.