Estas empresas agroalimentarias de Ourense apostan polo galego

Rubén Nóvoa Pérez
rubén nóvoa OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Nove marcas pasan a formar parte da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros

11 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde Galicia e en galego. Esa é a aposta firme que cada vez fan máis empresas do sector agroalimentario e adegueiros. «Terra, pobo e lingua» e o lema deste ano do Foro Enrique Peinador - Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, que desenrola a sexta edición da súa asemblea na igrexa da Magdalena en Ribadavia. O acto terá lugar as 12.30 horas e contará coa aportación musical de María do Ceo.

A proposta deste colectivo, un total de 25 marcas comerciais pasarán a formar parte da Irmandade, como recoñecemento a súa aposta pola lingua galega. Entre elas hai un total de nove que pertencen a provincia de Ourense. Trátase da firma que elabora bicas O Campo (Castro Caldelas), Ecoleia Leite (Allariz), Conservas Ánades Galicia (Vilardevós) Adega Son do Arrieiro (Leiro), Adega Estévez (Beade), O Pepiño (Allariz), aceite Alma Meiga (Castrelo de Miño), Adega do Demo (Ribeiro) e Adegas Celme (Castrelo de Miño).

«É algo natural para nós»

Unha das marcas comerciais que pasan a forma parte da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros é Ecoleia Leite, que opera dende Allariz. Abriu as súas portas no ano 2012 e case unha década despois mantén as súas sinais de identidade. Trátase dunha explotación que xestionan dúas familias da vila e que destaca pola realización do ciclo completo, desde o coidado dos animais ata a distribución da leite, que é unha das súas principais apostas. «O do galego non é algo que busquemos, xa que o levamos con nós. É algo natural para nós e nunca contemplamos facelo noutro idioma», explica Marcos Quintas, que xunta con Mari Carmen Cid están nestes momentos ao fronte da explotación de ganado vacún.

O mercado ecolóxico é o terreno no que se moven e consideran que é un sector que está a atravesar un bo momento. «Os consumidores empezan a tomar conciencia dos produtos ecolóxicos e do seu valor engadido. Canto máis se coñeza e divulgue a forma de producilos produtos, moito mellor», sinalou.