Encontro con Celia Pereira Porto e Clara Campoamor

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A editora presenta o libro «O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu» no Carballiño

05 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Un dos proxectos editoriais destacados do pasado ano foi a publicación do libro «O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu», de Clara Campoamor. A editora do mesmo, Celia Pereira Porto, estará o día 9 na libraría Escolma do Carballiño para presentar esta obra. No acto, que comezará ás 20.00 horas, Pereira estará acompañada por Noemí Ogando Conde. Nos datos da publicación lémbrase que «grazas á sabia decisión de Clara Campoamor de escribir a súa versión da aprobación do voto feminino na Segunda República, as mulleres e os homes comprometidos coa erradicación dos privilexios de xénero do século XXI contamos cun legado excepcional do que aprender, para continuar coa loita pola eliminación da subordinación feminina á que ela serviu con tanta honradez e dignidade».

Día 9 • 20.00 horas • Libraría Escolma (O Carballiño) •