Poliéster

Marcos Guimarey ARGUMENTARIO

OURENSE

29 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ocentro artificial de intelixencia, precisaba dunha mensaxe coherente e que se mantivera no tempo. Dar pequenos pasos como cidade, como provincia, como país e obter soporte das institucións de coñecemento para acadar o obxectivo, un Centro de Intelixencia Artificial (IA). Nunha ducia de anos, ter unha estrutura público-privada que comece a medrar.

A coherencia é moi difícil de manter no tempo, todas as mensaxes, teñen que pasar polo mesmo carreiro. Facendo unha revisión por riba do universo da IA: as empresas tecnolóxicas de USA, contan nuns 20.000 os especialistas a nivel mundial; os salarios que se abonan a estes profesionais achéganse a 300.000 $ anuais con primas en bonus. Coa falta de profesionais deste nivel, as compañías comezan a contratar a profesores universitarios, desmantelando departamentos enteiros de Universidades; só algúns valentes (con salarios de 180.000 $), continúan a formar a alumnas cunha perspectiva máis humanista que economicista.

China, a día de hoxe é provedora de servizos de IA de control de individuos, vende xa esta tecnoloxía a países que queren manter aos seus veciños a raia. China é un plan quinquenal. Para o 2025 o plan “Made in China” promete ter a tecnoloxía lista, e no 2030 ter o dominio mundial da IA. Non hai maior congruencia a día de hoxe que China: xa no 2013 falaron do 5G, e hoxe xa son a vangarda. Cando buscas unha mensaxe de excelencia e de ser coherente, aparece o belén. O capital político desaparece nun suspiro. Facendo unha copia do líder pretérito do seu socio de goberno: «Cuanto peor mejor para todos y cuanto peor para todos mejor, mejor para mí el suyo beneficio político». Coido que non se vai a petar nas portas dos equipos do top 100 de IA, pero oxalá. Se chegase a suceder, cando do outro lado vexan que se fai da mediocridade un obxectivo (repetir o belén como un clásico de nadal), pecharán de golpe.

Que o ano que vén a coherencia ocupe o concello, e non figuras de poliéster efémeras.