«A vacuna é o fármaco máis seguro do sistema»

O xefe de servizo de control das enfermidades transmisibles da Consellería, advirte de que hai que seguir vacinándose de adultos e manter un alto porcentaxe de poboación vacinada para protexerse fronte a certas patoloxías


ourense / la voz

Que pasa se deixamos de nos vacinar? A resposta está clara para José Antonio Taboada Rodríguez, xefe de servizo de control das enfermidades transmisibles da Consellería de Sanidade: «Teremos os problemas que elimina a vacinación, individuais para as persoas que poden padecer esas enfermidades, e a nivel poboacional. Sería un retroceso de moitos anos». Taboada expuxo estes razoamentos na conferencia da Academia Médico-Quirúrgica en Ourense. En Galicia, a porcentaxe de vacinación é alta -case do 100 % en nenos- pero o conferenciante apunta que hai que mellorar no nivel de adultos vacinados. «Hai un concepto novo. As vacinas aportan beneficios ao longo da vida. As do calendario infantil hai que actualizalas. O calendario de vacinación actual non se parece ao de hai dez anos», expón Taboada. No horizonte de dous anos espérase que se empece a utilizar a vacina para a varicela zóster e estase preparando o sistema para ver se se introduce no calendario. «As vacinas son o medio que máis aportou en saúde. É o fármaco quizais máis seguro do panel de fármaco do sistema», salienta Taboada fronte aos «sectores que defenden que son prexudiciais». A morte dun neno por difteria en Cataluña ou os problemas que hai en zonas de Europa polo sarampelo evítanse coa vacinación.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A vacuna é o fármaco máis seguro do sistema»