Román Rodríguez salienta o valor do castro de Santomé

O Museo Arqueolóxico amosa en Afundación os materiais atopados nas escavacións


ourense / la voz

Ata o 8 de marzo • Afundación • Luns a venres: de 17.30 a 20.30 horas. Sábados e domingos: de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas • Na sala de exposicións de Afundación abriuse ao público a mostra «Santomé. Conxunto arqueolóxico-natural», un proxecto que foi desenvolvido polo Museo Arqueolóxico de Ourense. Para o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a mostra «amosa os resultados dunha importante investigación realizada polo propio persoal técnico da institución sobre os acontecementos máis destacados a través dos restos materiais recuperados no proceso de escavación deste conxunto sobranceiro». Tamén se referiu a que as persoas que se acheguen á exposición de Afundación poderán realizar un paseo pola historia desde do asentamento dende o mundo castrexo ata o século V d.C. Lembrou que Santomé vén sendo obxecto de campañas periódicas e que este mesmo ano «acometeuse a escavación, consolidación e musealización dun sector significativo do castro, que está a permitir afondar no coñecemento do conxunto». Santomé destaca, segundo se sinala na mostra, por ser un espazo onde aínda se pode observar a convivencia de dúas culturas moi diferentes.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Román Rodríguez salienta o valor do castro de Santomé