Un pioneiro respectado e admirado

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Faleceu Avelino Lorenzo, un dos promotores da Cooperativa Vitivinícola de Leiro que deu paso á do Ribeiro

13 nov 2019 . Actualizado a las 19:55 h.

Dicir Avelino Lorenzo Giráldez na viticultura galega é sinónimo de compromiso, paixón pola viticultura e comuñón coa terra. O colleiteiro de Berán (Leiro) foi un pioneiro que loitou sempre por unha viticultura de calidade e pola defensa das castes e o prestixio dos viños do Ribeiro. Pioneiro no traballo en común, foi dos promotores da Cooperativa Vitivinícola de Leiro -xérmolo da actual Cooperativa do Ribeiro- e sempre tivo unha especial sensibilidade para aprender e formarse para mellorar os seus viños. En 1985 foi recoñecido como «agricultor sobresaínte en actividades agrarias», na Feira de Silleda, e no ano 2016 recolleu o premio «Vida entre vides» do Ribeiro.