San Martiño de Grou viaxará grazas ao servizo de Correos

Aberta a mostra anual da Sociedade Filatélica Miño


Ata o 17 de novembro • Liceo de Ourense • De 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas • Na sociedade cultural da rúa Lamas Carvajal está aberta ao público unha nova edición da «Exposición filatélica do San Martiño». Unha cita que, como ano, chegou con actividades como a entrega de diplomas aos novos filatélicos e a presentación dunha nova peza vencellada á tradición do patrono da cidade. O selo deste ano reproduce a igrexa de San Martiño de Cabaleiros, de Grou (Lobios), e foi presentado na apertura da mostra. A cita da Sociedade Filatélica Miño amosará, como xa é tradicional, as coleccións de filatelia e numismática dos seus socios. Tamén se poden ver vitolas, décimos de lotaría, tarxetas postais e dedas. O día 12 presentarase un selo en memoria de Víctor Campio.

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

San Martiño de Grou viaxará grazas ao servizo de Correos