Un volume reúne as obras do grupo de teatro Tiruleque

La Voz

OURENSE

Alberte Paz Garza

A Deputación editou a obra de Xosé Prada Martínez

08 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

En 1985 botaba a andar o grupo de teatro Tiruleque no Carballiño. Un proxecto que se fixo realidade grazas ao pulo inicial de Eulogio Alonso Rivera, directivo naquel momento do Casino do Carballiño. Naquela primeira etapa puxéronse en escena dúas montaxes: «O xigante egoísta», de Óscar Wilde, e «Os vellos non deben de namorarse» de Castelao. En 1986, logo da renuncia de Eulogio Alonso, asumiu a dirección do grupo Xosé Prada Martínez. Dous anos despois o grupo comeza o seu camiño en solitario, sen vencello co Casino do Carballiño. Catro das pezas escritas por Xosé Prada para o grupo aparecen agora reunidas no libro «As comedidas de Tiruleque», que publica a Deputación. Na presentación do volume o seu autor lembrou que o do Carballiño é «un dos grupos de teatro afeccionado máis antigos de Galicia. Naquela época, e dado que había poucas publicacións, tivemos a necesidade de escribir obras e, aínda que sexan comedias, todas elas levan algunha mensaxe agochada coa que intento que o espectador reflexione».