Rodolfo Prada volveu aos Peares como quería: coa democracia recuperada e cun goberno galego

No cemiterio de Casdevil, en Os Peares, recibiron sepultura as súas cinzas e as da súa esposa, Manuela Fraga


Ourense / la voz

Rodolfo Prada foi un dos valedores dos sinais de identidade galegos en Arxentina, principalmente, e en toda a emigración americana. Home de confianza de Castelao -foi amigo, estreito colaborador e editor do Sempre en Galiza, ademais do seu albacea-, deixou ben acreditada a súa vontade derradeira: «Descansar na paz de Deus na terra na que nacín, cando Galiza recupere a democracia, arrebatada pola forza da barbarie, e acade o autogoberno do que é merecente como pobo con identidade propia». No cemiterio de Casdevil (Os Peares), 39 anos despois do seu pasamento, as cinzas de Rodolfo Prada e a súa esposa, Manuela Fraga, foron depositadas nunha sepultura elaborada con pedra de Trasalba e decorada con motivos ornamentais románicos -da igrexa de San Pedro (Amoeiro)- que foran recollidos por Castelao na súa obra As cruces de pedra na Galiza.

O presidente Deputación, organismo que trouxo as cinzas e que promove a recuperación da figura de Prada, salientou que co acto de Os Peares «cúmprese a súa vontade», sinalou Baltar. Luís González Tosar, biógrafo do insigne ourensán; Elena Prada, a neta de Rodolfo Prada; e Amalia Bóveda, filla de Alexandre Bóveda, participaron no acto.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Rodolfo Prada volveu aos Peares como quería: coa democracia recuperada e cun goberno galego