Das sondas Voyager ao Principal

Voadora propón en «Hemos venido a darlo todo» un diálogo cos espectadores


ourense / la voz

A compañía Voadora tense significado por artellar proxectos que percorren camiños moi variados dentro das artes escénicas e por unha traxectoria que fai que o grupo amose a súa versatilidade en variados formatos e cunha importante presenza fóra de Galicia. A compañía dirixida por Marta Pazos chega ao FITO 2019 coa súa proposta escénica Hemos venido a darlo todo. A cita é esta tarde no Teatro Principal, a partir das 20.00 horas.

A obra é «unha celebración conxunta, unha comunicación entre o artista e o público, un pacto coa experiencia máis intensa». Dende Voadora sinálase que durante 12 anos e 15 montaxes, os espectadores «acompañáronnos e compartiron con nós experiencias teatrais de todo tipo. Pero nunca como ata agora, ata esta peza, foron tan protagonistas». En Hemos venido a darlo todo a música é o punto de partida do espectáculo «música en directo. Música electrónica composta a partir dos temas e sons que o home mandou ao espazo en 1977 nun disco de ouro a bordo das sondas Voyager». Protagonizan a montaxe José Díaz, Fernando Epelde, Hugo Torres e Marta Pazos e a música é unha creación dos tres primeiros.

A edición de resistencia do Festival Internacional de Teatro de Ourense rematará este domingo e para a sesión de clausura contarase coa presenza de Teatro en Vilo. Generación Why é unha obra na que «o xogo de imaxinar futuros posibles -ou imposibles- convértese nunha invocación ou un exorcismo, unha sorte de ritual contemporáneo no que quedan ao descuberto as esperanzas, ambicións e medos dunha xeración abafada pola altura dos seus sonos e expectativas». A representación será no Teatro Principal e comezará ás 19.00 horas.

O recorte de axudas ao FITO foi un dos temas do Consello Municipal de Cultura

O recorte de axudas ao FITO e o pouco acertado da decisión de convocar unha reunión do Consello Municipal de Cultura coincidindo coas representacións do festival foi un dos aspectos tratados na sesión. O concelleiro de Cultura, Mario González, referiuse de novo aos requisitos legais e administrativos para explicar a decisión do Concello de retirar a axuda económica ao FITO. Na xuntanza -á que estaba previsto que acudise o alcalde aínda que Jácome non asistiu- os representantes dos colectivos, entidades e asociacións culturais prantexaron aspectos como a implicación do Concello na celebración do centenario de Nós, nos 25 anos do OUFF e nos 50 do Cineclub Padre Feijoo. Tamén se sinalou a posibilidade de que a administración local reclame unha parte das instalacións da Biblioteca, extremo que non viu viable o concelleiro de Cultura. A taxa por ocupación de espazos públicos foi outro aspecto debatido.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Das sondas Voyager ao Principal