Exposición sobre Antonio Fraguas en Trasalba

La Voz OURENSE

OURENSE

A mostra permanecerá aberta ata o día 31 de outubro

21 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Unha ducia de paneis amosa en Trasalba a memoria do soño de Antonio Fraguas». Así anuncia a Fundación Otero Pedrayo a mostra que acollerá na súa sede, que está formada por unha ducia de paneis ca traxectoria do etnógrafo, arqueólogo e articulista Antonio Fraguas, e outros galeguistas, baixo o título «A memoria dun soño». A exposición é itinerante e foi promovida por la Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, dentro da programación institucional da Letras Galegas 2019. Este luns recibirá a visita do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. A exposición permanecerá aberta até o día 31 de outubro para visitas escolares, de grupos ou individuais, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.