León, Olvido e Xavier Bermúdez gozan da capital do Ribeiro

A rodaxe da próxima película do director chega a Ribadavia


ourense / la voz

Lembrábao Xavier Bermúdez (Ourense, 1951) na gala de apertura do OUFF 2019: non foi nada doado poñer en marcha a rodaxe de Olvido e León, máis o director nunca deixou que o proxecto de darlle continuidade a León e Olvido se convertese nunha oportunidade perdida. Malia negativa da Consellería de Cultura e o rexeitamento de Agadic -na presentación da que será a súa nova película Bermúdez reiterou que remitiu en dúas ocasións o proxecto ás axudas de Agadic e foi rexeitado- o director conseguiu xuntar o orzamento que necesitaba grazas ao Ministerio de Cultura e á Deputación de Ourense.

E quince anos despois da estrea de León e Olvido director e protagonistas volven á historia deses dous irmáns orfos que teñen que loitar contra a vida para non deixarse esmagar por unha realidade na que non lle resulta doado camiñar. Marta Larralde (Olvido) e Guillem Jiménez (León) retoman a súa relación quince anos despois para achegarlle aos espectadores unha nova entrega da súa relación fraternal e como a mesma foi evolucionando co tempo. A gravación das escenas para a nova película do ourensán comezou o día 7 en Laias e en A Arnoia. E dende o luns, e ata o 8 de novembro, a capital do Ribeiro será o plató de rodaxe por onde transitarán de novo as historias e a amizade que foron quen de tecer nestes anos Bermúdez, Marta Larralde e Guillem Jiménez. «A rodaxe está indo como estaba previsto, agora con chuvia, e os escenarios de Ribadavia aportarán un valor engadido. A verdade é que estou moi satisfeito de como está resultando todo», sinalou o director.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

León, Olvido e Xavier Bermúdez gozan da capital do Ribeiro