Concurso, recital e música para pechar o Poemagosto

Monserrat Villar e Lucía Aldao protagonizan o recital poético


Hoxe • Dende as 11.30 horas • Praza do Concello e Praza de Abaixo • Allariz • A vila vive intensamente o Poemagosto, o Festival Internacional de Poesía de Allariz, e na xornada de clausura están previstas varias actividades en horario de mañá. As mesmas desenvolveranse entre as dúas prazas do centro da vila: a do Concello e a de Abaixo. Ás 11.30 horas comezará o concurso de poesía recitada (é precisa inscrición previa). Unha hora despois haberá contada infantil, a cargo de Uxía Morán.

Ás 12.45 horas a ukelerría poñerá a música no seu percorrido polos bares e restaurantes das dúas prazas. Monserrat Villar e Lucía Aldao recitarán ás 13.15 horas e rematará o Poemagosto co concerto de Atrás Tigre.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Concurso, recital e música para pechar o Poemagosto