A rodaxe de «Olvido e León» alterará o tráfico en Ribadavia

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Jorge J. Martínez

Xavier Bermúdez gravará escenas para a súa nova película entre o 14 de outubro e o 8 de novembro 

12 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O director Xavier Bermúdez está a rodar a súa nova película dende o pasado luns en Laias. «Olvido e León» dará continuidade á multipremiada «León e Olvido» e o realizador ourensán conta para esta segunda parte cos mesmos actores protagonistas: Marta Larralde e Guillem Jiménez. A gravación trasladarase a partir do luns, día 14, a Ribadavia e dende o Concello anunciose que este feito provocará algunhas alteracións no tráfico rodado da capital do Ribeiro. O obxectivo é facilitar a rodaxe dos planos con diálogos nas mellores condicións de son. Entre o 14 de outubro e o 8 de novembro haberá cortes de tráfico na Rúa Ribeiro: serán o 16 -de 15.00 a 17.00 horas- e o 18 -de 21.00 a 24.00 horas- entre os números 5 e 27 da rúa. En Progreso tamén os haberá os días 30 e 31 de outubro e 4, 5 e 8 de novembro.