O planetario da Veiga permitirá percorrer o universo coñecido e aterrar no planeta desexado

La Voz OURENSE

OURENSE

XUNTA

Terá proxeccións de última xeración dentro dun observatorio astronómico que arestora está en fase de equipamento

14 feb 2020 . Actualizado a las 17:37 h.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde de A Veiga, Juan Anta, reuníronse este xoves en Compostela para avaliar a situación do municipio e avanzar en proxectos turísticos e culturais deste concello, un dos dous considerado como destino Starlight en toda Galicia.

Entre os proxectos da Xunta na Veiga destaca a apertura do observatorio astronómico, un centro de nova construcción, cun edificio de 500 metros cadrados nunha parcela de 5.000, que actualmente está en fase de equipamento. Segundo informou a Xunta, está dotado cun planetario de última xeración de sesenta prazas que permitirá percorrer o universo coñecido, aterrar no planeta desexado ou achegarse a calquera obxecto. As proxeccións estarán deseñadas para todos os públicos.

Outro dos asuntos que trataron ambos polítcos foi o premio Parabéns, dotado con 400.000 euros, que concede a Consellería de Cultura e que este ano recaeu no Concello da Veiga como recoñecemento ás iniciativas que ten levado a cabo para conservar, embelecer e mellorar as paisaxes, os lugares e as zonas polas que pasa o Camiño de Santiago.