Axudas para xestionar o monte e previr incendios

A Xunta subvencionou máis de 140 actuacións en concellos da provincia de Ourense


ourense / la voz

A extinción dos lumes de cara ao vindeiro ano faise cos traballos de prevención e as limpezas que se levan a cabo neste exercicio. E na provincia de Ourense foron 38 os municipios onde se desenvolveron proxectos subvencionados pola Xunta de Galicia, actuacións que superaron as 3.000 hectáreas de terreo.

A delegada da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira, visitou o monte comunal de Cebral, no municipio de O Irixo, para coñecer un dos proxectos que se levaron a cabo con apoio económico da Consellería de Medio Rural. Na visita á parroquia de Froufe estivo acompañada polo alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira, e o xefe territorial da Consellería na provincia, Yago Borrajo.

Para esta campaña 2019-2020 foron concedidas 144 axudas na provincia de Ourense. A maior parte delas, 139, corresponden a peticións de comunidades de montes veciñais en man común para desenvolver traballos silvícolas. Propietarios particulares e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) completaron o resto das peticións

No caso de Froufe a axuda permitiu actuar nunha extensión de case nove hectáreas e os traballos consistiron en roza e poda en masas coníferas para mellorar o seu estado e aumentar o seu valor.

A provincia de Ourense foi a que presentou o maior número de peticións e a que acaparou o maior número de axudas na convocatoria promovida pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Axudas para xestionar o monte e previr incendios