A Deputación parou cinco minutos para solidarizarse coa «España Vaciada»

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

La institución provincial apoya las reivindicaciones de la coordinadora

05 oct 2019 . Actualizado a las 10:48 h.

A Deputación de Ourense uniuse este venres á reivindicación da coordinadora da «España Vaciada» de facer un paro simbólico de cinco minutos, ás 12.00 horas, en diferentes provincias do país para reivindicar un Pacto de Estado contra o despoboamento rural. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, xunto a membros do seu equipo de goberno, outros representantes institucionais, representantes do Partido Popular e de Ciudadanos, así como traballadores do ente provincial, secundou o paro convocado por esta plataforma, co obxectivo de reflexionar sobre a problemática do reto demográfico.

A reivindicación é lograr un Pacto de Estado contra a despoblación, contra a desvertebración territorial de España e contra a crecente desigualdade de oportunidades entre os cidadáns do medio rural e do urbano. Neste sentido, desde a «España Vaciada» pide que o Goberno de España e as autoridades rexionais, provinciais e locais e todas as institucións públicas escoiten esta mensaxe, «para que todos xuntos deseñen unha estratexia para loitar contra o despoboamento rural, con actuacións ben definidas, orzamentos e prazos marcados», afirman desde a coordinadora «España Vaciada».