Nace Musgo, o festival de outono que apoia o Xacobeo

Os concertos serán o 19 de outubro na praza Saco e Arce e nos xardíns Calpurnia Abana


Día 19 de outubro • Praza Saco e Arce e xardíns Calpurnia Abana • De balde Ourense contará co seu festival musical de outono e o mesmo chegará co apoio e o patrocinio do Xacobeo 2021 e a Deputación de Ourense. Musgo, que así se chamará, foi presentado onte na praza Saco e Arce polos seus creadores e patrocinadores: David Pedrouzo e Adrián Fragueiro, Cecilia Pereira (Xacobeo 2021) e Aurelio Gómez Villar (Deputación).

Musgo contará coa actuación de dúas bandas portuguesas -Lince e Whales-, tres galegas -Baiuca, Blanco Palamera e Ladrillo y Mujer-, dúas estatais -Yana Zafiro e Mourn- e do Reino Unido chegará o dúo AK/DK, a que será a aposta máis forte de Musgo. Haberá actividades todo o día e propostas gastronómicas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Nace Musgo, o festival de outono que apoia o Xacobeo