A Saínza recrea este domingo a batalla de mouros e cristiáns

La Voz

OURENSE

Alberte Paz Garza

A programación de actividades vencelladas coa romaría comeza o venres

19 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 20 ao 22 • 13.00 horas (combate do domingo) • A Saínza (Rairiz de Veiga) • Volve a tradicional romaría da Saínza e faino cun amplo programa de actividades que se desenvolverá durante toda a fin de semana. O venres, a partir das 17.00 horas, haberá xogos populares no campo da festa e representación do combate de mouros e cristiáns con monicreques. Haberá dúas representacións teatrais na Casa do Peto: «O atraco» (18.30 horas) e «O desván» (20.00 horas). Logo sesión de maxia e música coa orquestra Nebraska.

O sábado celebrarase a cuarta Quedada de músicos tradicionais (12.30 horas no campo da festa) e haberá procesión da Mercé (18.00 horas), a celebración de «O meu primeiro combate de mouros e cristiáns», verbena e asalto ao castelo (23.45 horas).

Dende 1840

A tradicional romaría, que se celebra dende 1840, será o domingo. Ás 12.00 horas será a procesión da virxe, dende a igrexa ao Castelo da Saínza, e logo da misa comezará no campo de batalla o tradicional combate de mouros e cristiáns (13.00 horas).