Reivindicación do oficio xornalístico

La Voz

OURENSE

Presentación de «Javier Ortiz. Talento y oficio de un periodista» no Liceo

18 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 19 • 20.30 horas • Liceo • A Fundación Vicente Risco e o Colexio de Xornalistas de Galicia organizan a presentación da obra «Javier Ortiz. Talento y oficio de un periodista». O editor do libro que recolle unha escolma do desaparecido xornalista, Mikel Iturria, e Xosé Rodríguez Díaz, da Fundación Risco, presentarán a obra. A música será de José Luis Fernández Carnicero.