A Xunta promociona a Vía da Prata cunha exposición en Jérez de la Frontera

O plan de albergues inclúe melloras en recintos da provincia de Ourense


Ourense

A Xunta de Galicia promociona desde esta semana a Vía da Prata a través da exposición itinerante «De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata», unha mostra de fotografías en tres dimensións con pezas de gran formato onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren esta ruta ao seu paso por Galicia e que poderá visitarse en Jerez de la Frontera (Cádiz) ata o 4 de outubro.

A mostra, que conta coa colaboración da delegación de Juventud do Concello de Jerez de la Frontera e da Asociación Jacobea de Jerez de la Frontera, está localizada na sala Paúl do Espacio Joven da localidade andaluza e á súa inauguración, en representación da Xunta, asistiu o director de administración e relacións cos Amigos do Camiño, Isaías Calvo, Andalucía é o punto de partida desta ruta que atravesa a Península de sur a norte, percorrendo Estremadura e Castela e León, entrando en Galicia pola Mezquita. A Vía da Prata é o trazado xacobeo de maior percorrido en terras galegas (atravesa tres das catro provincias) e nela o peregrino pode contemplar un patrimonio natural e etnográfico de excepción: a riqueza da provincia de Ourense, a comarca do Deza e a canle do río Ulla que se presentan ao camiñante cheos de atractivos.

 Impulso á Vía da Prata

O calendario de preparación do vindeiro Ano Santo contempla o 2019 como ano dedicado á Vía da Prata. Ao longo deste ano estanse a investir 3 millóns de euros para acondicionamento, mellora e sinalización, entre outras medidas, o que permitirá que esta ruta chegue nun estado óptimo á celebración do Xacobeo 21.

Neste sentido, a Xunta está a ampliar a rede de albergues públicos neste itinerario apostando pola rehabilitación de edificios de valor histórico e patrimonial e pola posta en valor das diferentes rutas de peregrinación. Así, o Plan de Albergues aprobado esta semana inclúe novas dotacións na Gudiña, Oseira e Rodeiro, que se suman ao inaugurado o pasado ano en Ourense.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta promociona a Vía da Prata cunha exposición en Jérez de la Frontera