Rexistrada a denominación «O camiño do viño», da ruta do Ribeiro

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

A iniciativa é un proxecto da asociación Ruta do viño do Ribeiro

11 sep 2019 . Actualizado a las 08:23 h.

A Oficina Española de Patentes e Marcas -do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital- vén de conceder o rexistro da marca O Camiño do viño á Asociación Ruta do Viño do Ribeiro. A iniciativa que agora consegue o respaldo de Patentes e Marcas é un proxecto desenvolvido dende a asociación Ruta do viño do Ribeiro que ten como obxectivo pór en marcha e consolidar unha marca xenérica «co gallo de potenciar o territorio da comarca de O Ribeiro como destino enoturístico». Vencellada a esta iniciativa, e co apoio da Deputación, o Consello e o Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño desenvolvéronse varias iniciativas durante este ano, entre outras a teatralización histórica da chegada do viño da denominación de orixe a Compostela, coa entrada dos arrieiros pola porta de Mazarelos. A marca O camiño do viño é compatible con outras accións que se están a desenvolver, como a de conseguir o recoñecemento do Camiño Miñoto Ribeiro ou a potenciación do Camiño dos arrieiros.