Un concerto de Treixadura abrirá as Festas do Setembro

O Carballiño desenvolverá un amplo programa de actividades entre os días 13 e 19


Días 13 ao 19 • Diferentes espazos e horarios • O Carballiño • A conta atrás para as festas patronais do Carballiño hai tempo que comezou e en dous días a vila encetará o seu programa de actividades. O día 13 contarase, ademais das actividades infantís e a inauguración do alumeado, co concerto de música tradicional a cargo de Treixadura (23.00 horas na Praza Maior). Para o sábado, día 14, está previsto o «Festival rock: heroes locais», no que participarán Kambotes, Impacto de Varsovia, Skadelos, Sussie Q`S, The Impossiblues e Sueños de Ítaca. Será a partir das 19.00 horas, no barrio de Flores. Claxxon amenizará a verbena e haberá (23.00 horas na Praza Maior) un concerto tributo a Héroes del Silencio.

 

O domingo contarase coa presenza da Banda de Vilatuxe e as orquestas Alianza e Israel serán as encargadas de poñer a música na verbena.

 

Da Panorama á Saleta

O 16 será a gran tirada de fogos e Compostela e Ritmo Noche estarán nas verbenas. A procesión do San Cibrao (11.30 horas) e a actuación das orquestras Panorama e Pontevedra serán citas destacadas para o día 17. O 19 será a romaría da Saleta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un concerto de Treixadura abrirá as Festas do Setembro