«El jarrón», de Rubén Tejerina, recibiu dous premios no festival RiR de Allariz

Carlos Blanco recolleu o galardón Rir Contigo


Ourense

O Festival Internacional de Curtas de Comedia (RiR) pechou a segunda edición, que durante a semana pasada permitiu ver tanto obras clásicas de Buster Keaton como producións recentes de distintos xéneros, como o documental, animación ou ficción.

O xurado, formado polos actores Manuel Millán, Christian Escuredo e a actriz Ledicia Sola decidiu seis dos oito premios que se entregaron na gala do sábado. O de mellor interpretación foi para Rulo Pardo, por «El Jardín», de Rubén Tejerina. O de mellor dirección recaeu en Fabrice Herbaut, por «Beautiful Day». Pola mellor curta documental premiouse a Plácido Romero, autor de «Petiscos de Pato»; a mellor obra de animación do RiR 2019 foi «Héroes», de Juan Pablo Zaramella e a de ficción, «Inlove», de Les Frères López. O xurado otorgou a súa mención especial a «Una noche con Juan Diego Botto», de Teresa Bellón y César F. Calvillo. 

O actor galego Carlos Blanco recibiu o premio especial Rir Contigo. «El jarrón», de Rubén Tejerina tamén recibiu o premio do público. 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«El jarrón», de Rubén Tejerina, recibiu dous premios no festival RiR de Allariz