O director de cine Xavier Bermúdez imparte un taller sobre cine aos reclusos de Pereiro 

A cita enmárcase nas actividades de formación do Festival Internacional de Ourense


Ourense

O cineasta ourensán Xavier Bermúdez imparte estes días no Centro Penal Pereiro de Aguiar un taller para unha  vintena internos, no marco das actividades de formación que o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) ten programadas nesta 24 edición.

Ao acto de inauguración acompañouno o coordinador artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, apostando unha vez máis pola formación como un dos alicerces do seu programa. Tamén asistiu Francisco González Pérez, director do centro, e que quixo destacar moi positivamente que «como centro pioneiro e referente na reeducación e reinserción social, contemos coa colaboración de profesionais cunha gran traxectoria artística, que tomando como base a súa propia experiencia, compartan cos internos os seus coñecementos».

O taller impartido por Bermúdez ten como obxectivo principal achegar o cinema e o proceso de realización audiovisual aos internos da prisión. Tratábase de «quitarlles o medo e ensinarlles as ferramentas básicas para compoñer un guion. Non se necesita un gran estilo literario nin nada especial. O cinema é unha arte popular e está ao alcance de calquera» afirmou Xavier Bermúdez, Calpurnia de Honra do OUFF 2018, á súa saída.

Unha das finalidades que tiña en mente o director era «facerlles sentir que os elementos básicos están á súa disposición e que, usándoos e con práctica, pódese sacar adiante un  guion». Tamén destacou a avidez e o interese por descubrir algo que non coñecían e que lles parecía que estaba moi lonxe do seu alcance. «Tiña un pouco de medo á acollida e a verdade que me sorprendeu o entusiasmo. Participaron todos desde o primeiro momento». Bermúdez salientou que «hoxe en día é máis fácil probar no cinema. Cun móbil podes facer unha curtametraxe. Aínda que os medios estean limitados, é máis fácil que nunca facer unha narración audiovisual». 

O OUFF, que este ano celebra a súa 24 edición do 27 de setembro ao 5 de outubro, está organizado pola Deputación de Ourense co patrocinio da Xunta de Galicia, o  Concello de Ourense, ABANCA, GADIS e a Fundación AISGE.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O director de cine Xavier Bermúdez imparte un taller sobre cine aos reclusos de Pereiro