É a festa histórica de referencia en Galicia, e mesmo se ten convertido en espello do que desexan ou aspiran a ser convocatorias semellantes noutros puntos da península. Sen necesidade de ter que recorrer ao seu bagaxe, con máis de trinta anos de historia, a celebración medieval da capital do Ribeiro volveu amosar que é a cita cun maior poder de convocatoria e demanda de cantas se celebran ao longo do ano por toda a comunidade autónoma. E a Istoria 2019 fixo que de novo, un ano máis, milleiros de persoas se achegasen ata Ribadavia para poder viaxar no tempo e gozar dunha xornada na que se recrearon os costumes, as actividades cotiás, os oficios e mesmo as prácticas relixiosas dun tempo no que a capital do Ribeiro era un lugar no que convivían en harmonía xudeus e cristiáns e a vila figuraba como unha das máis sobranceiras de Galicia. Nesta edición, a xornada central da Istoria -as actividades xa comezaron o xoves- contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo. Román Rodríguez participou no desfile medieval da Festa da Istoria. A comitiva partiu desde a rúa Baixada ao Consello e percorreu boa parte da vila, ata chegar ao castelo dos Sarmiento, punto final do tradicional desfile da festa. Ao longo de toda a xornada tanto na zona monumental, o barrio xudeu, como noutros puntos de Ribadavia sucedéronse as actividades. O mercado medieval, as loitas de cabaleiros, o xadrez vivinte, as demostracións de cetrería, os torneos, os bailes medievais, as actuacións musicais, o circo, o terceiro certame de vestimenta medieval ou os xogos -como a carreira de pipotes pola rúa Progreso- foron parte do programa.

Voda xudía

Como en cada edición da Istoria o desfile da comitiva da voda xudía e a celebración da mesma na Oliveira suscitaron unha importante expectación. A Istoria recuperouse en 1989 pola Escola Obradoiro Santo André.

Desfile. O percorrido polas rúas, co desfile como a cita máis salientable, e as actuacións dos grupos musicais -ou o mercado e as exhibicións- son unha parte destacada do programa da Festa da Istoria, cita recuperada en 1989.

Implicación. A vila de Ribadavia vive a Istoria con total paixón. O desfile e todas as actividades da xornada contaron cunha ampla participación e implicación dos veciños da comarca e dos milleiros de visitantes.

Historia e diversión. A volta á Ribadavia da época medieval é unha viaxe no tempo que serve para lembrar unha época de puxanza e esplendor, no que convivían as diferentes culturas e crenzas. E para gozar e divertirse nunha data na que O Ribeiro reivindica a súa historia.

Desfile. O percorrido polas rúas, co desfile como a cita máis salientable, e as actuacións dos grupos musicais -ou o mercado e as exhibicións- son unha parte destacada do programa da Festa da Istoria, cita recuperada en 1989.

Historia e diversión. A volta á Ribadavia da época medieval é unha viaxe no tempo que serve para lembrar unha época de puxanza e esplendor, no que convivían as diferentes culturas e crenzas. E para gozar e divertirse nunha data na que O Ribeiro reivindica a súa historia.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Moita Istoria en Ribadavia