«Temos espectáculos con países moi distintos»

O director artístico das Xornadas de Folclore repasa as novidades desta edición e explica como se levan a cabo


O Teatro Principal será o escenario para a inauguración, da edición número 36 das Xornadas de Folclore, cuxa dirección artística lévaa a cabo Xulio Fernández Senra. O festival durará dez días e recorrerá distintos municipios da provincia ourensá.

-Que imos encontrar nesta nova edición?

-Nas presentes Xornadas de Folclore programamos grupos de seis países diferentes. Da antiga Unión Soviética temos Rusia e Serbia, que aínda que non foi da URSS ten un folclore semellante. De Asia traemos a Taiwán. E de Sudamérica temos a tres países completamente diferentes: Chile, México e Bolivia, con eles imos a facer dous espectáculos diarios. De esta forma imos conformar espectáculos con países moi distintos, cunha selección previa do programa, aos que se suman os efectos de luz e de son.

-Como é a organización dun festival tan multicultural?

-Despois de trinta e seis anos a bagaxe de experiencia é importante e, por suposto, o equipo que temos co que levamos traballando xuntos moito tempo. Contamos con festivais colaboradores de España e doutros países, con eles intentamos unir intereses para conseguir grupos de primeira calidade nas datas específicas do calendario do Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais (CIOF), onde Ourense temos asignados os nosos dez días no mes de agosto. Tras seleccionar os grupos, mandamos invitacións conxuntas para organizarlles xiras de dous ou tres meses en Europa e así lograr contar con eles e que poidamos disfrutalos. Hai dúas premisas importantes: que nos movemos nun contexto económico específico e limitado, e que necesitamos grupos que estean á altura do espectáculo que ofrecemos.

-Cal é o seguinte paso a dar?

-Un paso máis sería ter un orzamento máis grande para poder desenrolar e ampliar o número de grupos. Houbo momentos nos que trouxemos a 14 países nun mesmo ano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Temos espectáculos con países moi distintos»