Parlamento, Cultura, Museo do Pobo Galego e Deputación homenaxean a Xaquín Lorenzo

Cúmprense trinta anos do pasamento do etnógrafo de Lobeira


ourense / la voz

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, morría na súa casa familiar de Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989. Trinta anos despois, no mesmo lugar, o Parlamento de Galicia, o Museo do Pobo Galego, a Deputación e o Concello de Lobeira lembrarán ao etnógrafo e investigador coa descuberta dunha placa conmemorativa na súa casa de Facós. Será ás 12.00 horas e no acto participará, entre outros, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices. Xa pola tarde, ás 20.00 horas na sala da antiga biblioteca da Deputación, haberá unha mesa redonda titulada Xocas, no ronsel da Xeración Nós e na mesma participarán Justo Beramendi, Clodio González, Vázquez Monxardín, María Xosé Cerviño e Xosé Carlos Sierra.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Parlamento, Cultura, Museo do Pobo Galego e Deputación homenaxean a Xaquín Lorenzo