Jorge Pumar representará a Ourense na comisión executiva do Eixo Atlántico

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A xuntanza celébrase o luns na cidade portuguesa de Braga

07 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, o popular Jorge Pumar, representará á cidade na xuntanza da comisión executiva do Eixo Atlántico. O encontro celebrarase o luns na cidade portuguesa de Braga e no mesmo trataranse  «importantes asuntos relacionados coa eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a propia organización, un organismo sen ánimo de lucro que se dedica a apoiar aquelas inicitativas que fomenten a cooperación transfronteiriza e que está formada por un total de 35 entidades de Galicia e o Norte de Portugal». Aspectos como o informe do presidente do Eixo Atlántico -Alfredo García- a exposición do Informe de situación das infraestruturas, o informe do secretario xeral da entidade -Xoán Vázquez Mao-, os informes tramontanos, a sede, a data e a personalidade a convocar á vindeira asamblea xeral -a desenvolver no ano 2020- forman parte da orde do día da xuntanza. Tamén se abordarán no encontro de Braga asuntos como o proceso para a elección do novo presidente do Eixo Atlántico, as solicitudes de novas incorporacións e os asuntos de interese que plantexen os asistentes no apartado de rogos e preguntas.

vindeira Asemblea Xeral, que se desenvolverá o próximo ano 2020. Tamén se

abordará no encontro o proceso de elección do novo presidente do Eixo

Atlántico, as solicitudes de novas incorporacións, e os rogos e preguntas que

plantexen os asistentestes.