Agadic achegará 60.000 euros para a Mostra de Teatro de Ribadavia

La Voz

OURENSE

Santi M. Amil

O director da axencia e o alcalde da capital do Ribeiro asinaron o convenio de colaboración

29 jun 2019 . Actualizado a las 10:01 h.

A Xunta achegará unha axuda de 60.000 euros para a celebración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O convenio anual que asinan as dúas institucións foi rubricado polo director de Agadic, Jacobo Sutil, e o alcalde da capital do Ribeiro, César Fernández Gil. A MIT, que neste 2019 cumpre os seus 35 anos, celebrarase do 18 ao 27 de xullo.