A situación de Palestina e a realidade do Cairo en Amal

O ciclo do festival de cine euroárabe de Compostela pecha con dúas proxeccións no Teatro Principal


Hoxe e mañá • Principal • 20.30 horas • De balde A Fundación Araguaney-Puente de Culturas celebra en Compostela o festival de cine euroárabe Amal. Cunha selección dos mellores títulados presentados en cada convocatoria organiza logo un ciclo itinerante: Amal en ruta. Ourense é un dos espazos que acolle a proposta de Amal e dende o día 8 estanse a proxectar as películas no Teatro Principal, grazas ao convenio entre a Deputación e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas. A iniciativa de Amal en ruta ten como obxectivo «achegar a sociedade árabe a Galicia, rompendo cos estereotipos e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxénea».

Dúas son as proxeccións que ofrece o ciclo neste remate de programación. Está tarde poderase ver a cinta «Ghost hunting», de Raed Andoni. Para enfrontar as pantasmas que o obsesionan, o director palestino decidiu reconstruír unha réplica de Al-Moskobiya, principal centro de interrogatorio de Israel y espazo onde foi encarcerado aos 18 anos. Coa axuda de exreclusos «tenta representar de novo unha historia que tivo lugar tras as paredes do lugar».

A cinta de Tarik Saleh «O Cairo confidencial» pechará o ciclo o xoves. A cinta sitúa a acción nas semanas previas á revolución exipcia do 2011. Un oficial de policía investiga o asasinato dunha famosa cantante no hotel Nile Hilton e o que inicialmente semella ser un crime pasional remata por se converter en algo que afecta á élite de poder de Exipto.

O ciclo Amal está vencellado ás actividades que o OUFF está a programar para ter presenza ao longo do ano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A situación de Palestina e a realidade do Cairo en Amal