O Couto Mixto nomeará novos xuíces honorarios

A xuntanza anual celebrarase o día 6 de xullo en Calvos de Randín


Día 6 de xullo • 12.00 horas • Igrexa de Santiago de Rubiás (Calvos de Randín) • A Asociación de Amigos do Couto Mixto celebrará o seu encontro anual o vindeiro día 6 de xullo. Como xa é costume, na xuntanza que se celebra na igrexa de Santiago de Rubiás nomearase aos novos xuíces honorarios do Couto Mixto. Na edición 2019 serán designados como tales Mercedes Vázquez Saavedra, etnóloga e fotógrafa; Suso Díaz, profesor universitario e poeta, e Manuel Bautista Calçada Pombal, presidente da cámara municipal de Melgaço.

Na xuntanza anual da Asociación de Amigos do Couto Mixto contarase coa actuación de María do Ceo e a escenificación teatral da historia do Couto Mixto, que correrá a cargo da compañía Platea Lúa.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Couto Mixto nomeará novos xuíces honorarios