Agadic deixa outro ano fóra das axudas ás Xociviga do Carballiño

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

cedida

O PP insta ao Concello a recurrir a decisión e o grupo de goberno traslada o seu malestar a Cultura

11 may 2019 . Actualizado a las 10:16 h.

A Axencia das Industrias Culturais de Galicia (Agadic) non concederá axuda ás Xociviga 2019. O organismo da Consellería de Cultura vén de facer público o reparto das subvencións deste ano e na relación de certamen que contarán con axuda da Xunta non figuran as Xornadas do Carballiño. Unha situación que non é nova, xa que Agadic tampouco concedeu aportación algunha para as Xociviga do pasado ano. As aportacións van dos 38.000 euros que recibirá o Play Doc de Tui aos 2.819 euros que serán destinados ao Festival de Cine Inclusivo de Vigo.

 

Reclamación e malestar

Ao coñecerse a decisión de Agadic, o PP emprazou ao Concello a presentar reclamación ante Cultura e dende o goberno municipal, que fixo público o seu malestar, xa se pediu a valoración para presentar recurso.