«A música é a reserva do talento que hai no país»

O auditorio acolle o sábado o último espectáculo cómico e musical da compañía Píscore no marco da celebración da Miteu


A Miteu permite que ata Ourense se acheguen compañías profesionais con ideas novedosas e actuais. Píscore estivo na pasada edición e este ano repite, pero cunha nova produción que estrean na cidade. A cita será o sábado no auditorio municipal ás 20.30 horas. Fran Rei dirixe «Concerto con Fusión».

-É unha evolución do anterior traballo, «Concerto singular». Catro rapaces virtuosos coa música teñen que facer un concerto conxunto. O espectáculo trata de como eses músicos de estilos diferentes como rock, jazz, latino e reggae chegan a entenderse.

-Como chegan a ese punto común?

-A base é que a musica é unha linguaxe universal.

-Mestura teatro con música.

-É un espectáculo cómico musical no que o sentido do humor é moi importante. É a ferramenta que usan para conformar a historia.

-E sobre o escenario, catro músicos profesionais: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas.

-Todos eles teñen unha dilatada traxectoria musical e camiñan polo mundo do teatro. A música é a reserva do talento que hai no país. Aínda me asombro de como poden ter tantas partituras na cabeza, xa que aínda estamos de ruta coa anterior obra. Hai moita formación de base.

-Que papel xoga o espectador na obra?

-Hai interacción co público que participará activamente. Cada un dos músicos tentará convencer ós espectadores de que o seu estilo musical é o mellor e o público deberá respostar segundo prefira un ou outro. Tentarán favorecer a algún dos catro músicos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A música é a reserva do talento que hai no país»