Monterrei acollerá unha xornada sobre o mantemento dos viñedos sen uso de herbicidas

Abordaranse as técnicas de cultivo que permiten un menor uso de funxicidas e insecticidas posto que as posibilidades de utilización son cada vez máis restritivas


Ourense

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, organiza unha xornada técnica sobre o mantemento dos solos dos viñedos sen necesidade de recorrer ao uso de herbicidas, o próximo 3 de maio na casa da cultura de Albarellos, en Monterrei.

Nesta xornada abordaranse as técnicas de cultivo que permiten un menor uso de funxicidas, insecticidas e herbicidas porque as posibilidades de utilización son cada vez máis restritivas. Tamén se afondará nas alternativas para o control da maleza nos viñedos é a implantación de cubertas vexetais e o seu tipo depende das características do solo e da calidade da uva esperada. Ademais, explicarase como se debe levar a cabo unha adecuada fertilización do viñedo e incidir nos factores que condicionan a calidade da uva.

Para asistir -as charlas son para profesionais do sector pero están abertas a todo o público interesado- é necesario inscribirse poste que só hai cen prazas dispoñibles. Os interesados poden facelo ata o 2 de maio no seguinte enlace: https://evega.xunta.gal/es/xornadas-tecnicas-mantemento-do-solo-do-vinedo-alternativas-ao-uso-de-herbicidas/ .

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Monterrei acollerá unha xornada sobre o mantemento dos viñedos sen uso de herbicidas