Novos tempos na política


Nesa moda sempre efectivista das efemérides andamos nunha que non deixa de ser data a lembrar polo simbolismo e o que significou no seu momento. Van alá corenta anos das primeiras eleccións municipais celebradas logo de posto o ramo á ditadura e unha mirada ao pasado non deixa de ser moi ilustrativa. Daquela, 1979, os ourensáns quedaron retratados por unha das súas sempre recorrentes características: foi, con diferenza, a provincia galega onde se rexistrou a maior abstención. Dicían daquela os que algo sabían desa realidade -nesa altura o de politólogo soaba a xuramento de pecado venial- que o feito de ser moitos dos candidatos os mesmos que xa gobernaban no franquismo foi determinante á hora de non atraer aos electores a posicionarse. Tamén salientou o caso ourensán, todo hai que dicilo, por ser a provincia onde se apoiou a opción dos socialistas históricos: todos os elixidos na comunidade, menos un, foron escollidos polos ourensáns.

Van alá oito lustros e unha realidade non coñecida volve a ser protagonista. Neste caso a que demostra que os lindeiros dos partidos maioritarios e tradicionais quedaron asolagados pola demanda da cidadanía, e ese movemento está dando como resultado o amplo abano de opcións políticas que se presentan para demandar o voto dos ourensáns no derradeiro domingo de maio deste 2019.

As regras de xogo mudaron, e a cidadanía esixe outras respostas e outras formas de facer política. Así o entenderon os que apostaron por abrir novas vías. E os votos darán e quitarán razóns. Aínda que xa nada volverá a ser igual.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Novos tempos na política