O Ribeiro reivindica a súa historia e legado cultural en imaxes

Presentado o anuncio que promocionará «O camiño do viño. Ruta do viño do Ribeiro»


ourense / la voz

Consello Regulador do Ribeiro, Deputación, Ruta do viño do Ribeiro e Xeodestino O Carballiño-O Ribeiro anunciaron hai unhas semanas un acordo de colaboración para promover entre as catro entidades unha campaña de promoción dos viños da denominación de orixe e de toda a comarca, como un espazo no que se dan características únicas en Galicia. Entre outras o seu amplo e rico patrimonio histórico e artístico, o feito de contar co viño que levou o nome de Galicia ao daquela «novo mundo» -o primeiro en apostar pola internacionalización-, a riqueza termal e as paisaxes naturais.

Unha das primeiras accións dese acordo presentouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel e foi o anuncio que espallará a imaxe do proxecto O camiño do viño. Ruta do viño do Ribeiro. Segundo Juan Casares, presidente do consello, a proposta audiovisual «ten como obxectivo «promocionar os recursos do noso territorio, utilizando o viño do Ribeiro e a riqueza da nosa historia como fíos condutores dunha estratexia dirixida a facer máis atractiva esta comarca vitivinícola». O titular da Deputación, José Manuel Baltar, incidiu no feito de que «se algo ten o Ribeiro, entre o moito que posúe, é futuro, que depende de todos: institucións, empresas, colleiteiros e emprendedores, para seguir potenciándoo con iniciativas como a que hoxe presentamos, este spot, que contribuirá a difundir as excelencias do Ribeiro». As actividades terán continuidade en Compostela.

 

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Ribeiro reivindica a súa historia e legado cultural en imaxes