Colaboración entre as fundacións de Celso Emilio Ferreiro e Curros Enríquez

La Voz OURENSE

OURENSE

Varias exemplares de «Miña matria galega» pasan dunha entidade á outra

07 abr 2019 . Actualizado a las 20:03 h.

Luis Ferreiro, en nome da Fundacion Celso Emilio Ferreiro, fixo entrega esta semana ao presidente da Fundación Curros Enríquez, José Luis Ferro, de sete exemplares numerados de edición non venal do poema «Miña matria galega», de Celso Emilio Ferreiro. Tratase dunha obra galardoada co premio Rosalía na modalidade de canto á muller galega nos Xogos Floraios do Idioma Galego de Bos Aires en 1968.