O Festival de Jazz de Primavera de Ourense ofrecerá once concertos 

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Flamenco jazz, recoñecidas figuras internacionais, galegas e un concerto público de The Blues Giants para este ano

29 mar 2019 . Actualizado a las 20:42 h.

Do 4 de abril ao 4 de xuño • Café Latino • Concerto na Praza de Santa Eufemia o 3 de maio • 23.00 horas • Diferentes prezos • Menos dunha semana queda para que comece unha das citas culturais máis emblemáticas da oferta cultural da cidade: o Festival de Jazz de Primavera de Ourense. A programación foi presentada polos organizadores do certame -Eduardo Rodríguez (Café Latino) e Marco Vázquez (Fundación Florencio Álvarez)- e o Concello de Ourense, na súa condición de colaborador do festival.

 

Será, a do 2019, unha edición con ampla presenza de jazz flamenco, da man de Diego Amador ou dos tríos formados por Antonio Serrano, Josemi Carmona e Javier Colina, así como por este último acompañado por El Bola e Bandolero. As actuacións comezarán o 4 de abril co concerto do Diego Amador Trío.

No festival tamén actuarán recoñecidas figuras do jazz internacional, coma os saxofonistas Benny Golson e Charles McPherson, o trío que forma Dean Brown con Dennins Chambers e Hadrien Feraud, o pianista Benny Green, unha figura emerxente como é a pianista e vocalista Sarah McKenzie, e músicos galegos da talla de Pablo Castaño, Víctor Prieto e Abe Rábade.

Como todos os anos haberá un concerto na Praza Santa Eufemia. Para esta cita contarase coa presenza do The Blues Giants, formación integrada por un elenco de estrelas dentro do mundo do blues; Jimi Bott, Willie Campbell, Sugaray Rayford, Albert Castiglia e Nick Schnebelen,