A cinta de Luxemburgo non ten distribución no Estado e só se pudo ver no Festival de Cine de Sevilla
27 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 18.00, 20.30 e 23.00 horas • Biblioteca Nodal de Ourense • 4 e 5 euros • O Cineclub Padre Feijoo ofrece a oportunidade de achegarse a un título que está chamado a converterse nunha referencia da historia da entidade. E iso por dúas circunstancias: por ser a primeira película de Luxemburgo que proxecta o Padre Feijoo e por converterse Ourense na única referencia deste título no Estado. «Gutland» carece de empresa distribuidora para o territorio español e o único lugar onde se pudo ver foi no Festival de Cine de Sevilla.
Intolerancia cos foráneos
A cinta dirixida por Govinda Van Maele foi «a película sorpresa do ano, non só polo exótico feito de ser de Luxemburgo, senón pola sua temática: que aborda a intolerancia nas nosas comunidades, neste caso rurais, cos foráneos». Comeza «Gutland» coa chegada dun forasteiro a unha comunidade agrícola de Schandelsmillen. A tempada de colleita avanzada, Jens un vagabundo alemán, está a procurar traballo e é tomado por granxeiro e pronto seducido por Lucy, unha nai solteira que o recolle na cervexería do pobo para levalo ata a súa cama. Taciturno e solitario por natureza, Jens non se mestura cos veciños do pobo. Os primeiros días flúen cunha tranquilidade bucólica, mais co tempo comeza a descubrir o lado escuro de Schandelsmillen.