Lembranzas de Pura e Dora Vázquez no Día da Poesía

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Na Peroxa recitarán textos de Manuel María e Roberto Blanco Torres

21 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Liceo de Ourense • Dentro do ciclo «No Liceo recordando a...» a xornada está dedicada ás escritoras Pura e Dora Vázquez. Dende a entidade apostan por lembrar e reivindicar o legado «das irmáns Pura e Dora Vázquez, poetisas, extraordinarias persoas, que loitaron por Ourense, socias e Medalla de Ouro do Liceo». O acto terá dúas partes: unha primeira será un coloquio no que se contará coa presenza de Teresa Devesa, Maite Vázquez e Luís González Tosar e, logo, unha segunda que se centrará no recitado poético de textos das autoras por parte de Teresa Devesa e Manuel Blanco.

Hoxe • 11.00 horas • Auditorio da Peroxa • Os nenos e nenas do colexio Roberto Blanco Torres recitarán poemas dos libros «Soños na gaiola», de Manuel María, e os membros do Círculo Poético Ourensán farano con textos de «Orballo da media noite», de Roberto Blanco Torres. Ao rematar o recital, os rapaces interpretarán o himno da escola: o tema «Cousas da lúa», texto de Blanco Torres musicado por Suso Vaamonde. Ás 12.00 horas haberá un coloquio, con Marcos Seixo e Edelmiro Vázquez Naval, sobre «Roberto Blanco Torres na Peroxa».

Día 23 • 19.45 horas • Allariz • Sexta edición de «Ponme un poema!». O roteiro poético contará coa participación de María do Cebreiro e O Leo de Matamá e pasará por Petiscos, A despensa do Alarico, Casa Pepiña e Micalla. Ás 22.30 horas haberá concerto no Catro Portiñas.