Percorrido polos mundos do escultor Florencio de Arboiro

La Voz

OURENSE

xmr

Rodas de afiar, lembranzas dos vellos oficios e obras de arte na mostra de Santo Estevo

20 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Permanente • Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín) • Todo o día • Os mundos do escultor Florencio de Arboiro teñen espazo propio no parador da Ribeira Sacra. Dende unha pequena mostra da súa colección de rodas de afiar ás esculturas e cadros do artista ourensán.

Nun dos claustros do parador conviven as esculturas que toman como referencia personaxes como o Quixote ou os propios afiadores, e outros oficios ambulantes, con seccións adicadas ás profesións que, como a dos afiadores, tiveron presenza na tradición e na sociedade hai tempo e que xa desapareceron. Oficios como o de quincalleiro, fuseiro ou capador están presentes na exposición do parador. Na mostra de Florencio de Arboiro tamén se recollen materiais -dende tarros a unha camisa de forza- e imaxes antigas de pacientes dun antigo sanatorio psiquiátrico.