«Wikimaratón» na biblioteca

La Voz OURENSE

OURENSE

PABLO ARAUJO

O sábado celebrarase a segunda edición do certame no que se amplían as biografias de mulleres galegas na Galipedia

07 mar 2019 . Actualizado a las 08:00 h.

A biblioteca pública de Ourense acolle este sábado 9 de marzo, a segunda edición do «Wikimaratón» para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas. A actividade, enmarcada no programa do Día da Muller e coincidindo co dezaséis aniversario da Galipedia, está aberta a toda a cidadanía e pretende pór en valor a figura de mulleres destacadas en diferentes ámbitos que non teñen a merecida referencia na enciclopedia galega en liña.

A Biblioteca Pública porá ao servizo de todas as persoas que queiran anotarse ao wikimaratón ordenadores e fondos bibliográficos.

Así, desde as 10.30 horas, todas as persoas que se queiran apuntar á edición da Galipedia poderán presentarse na propia Biblioteca (rúa Concello 11) ou facelo a través das súas casas, para encher a biografía das mulleres propostas ou realizar as súas propias achegas. Entre os nomes propostos pola Galipedia para incluir información ou ampliala destacan personaxes como Inés de Castro, Josefina Fernández Mosquera, Ana Legido Soto ou as ourensás Montse Calleja, Rosa María Cid Galante, Wasthy Conde ou Pilar Wirtz Molezún, entre outras.