O teatro en galego protagoniza a celebración do Día de Rosalía

La Voz

OURENSE

JOSE MANUEL CASAL

Ítaca, Melania Cruz, Entremáns e o espectáculo «Rosalía pequeniña» pasarán polo Auditorio

20 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 21, 23 e 24 • Auditorio de Ourense • Diferentes horarios e prezosO vindeiro domingo celébrase o Día de Rosalía e no Auditorio de Ourense contan cunha ampla programación de teatro en galego para a fin de semana. As propostas escénicas do espazo cultural ourensán comezan o xoves coa obra «Cinco minutos sen respirar», de Ítaca Teatro. A representación será ás 20.30 horas (3 euros a entrada).

O sábado volverá ao escenario onde se estreou a montaxe «O empapelado amarelo». O monólogo protagonizado por Melania Cruz é un proxecto do grupo A quinta do cuadrante e conta coa dirección de Tito Asorey. O aforo é reducido e a obra represéntase o día 23, ás 20.00 horas (5 euros).

Dúas obras o domingo

A xornada do 24, Día de Rosalía, chegará con dúas propostas. A sesión familiar (12.00 horas. 3 euros) ofrecerá o espectáculo «Gaia», de Entremáns. Pola tarde poderáse ver o espectáculo de Uxía Senlle «Rosalía pequeniña». Será a partir das 18.00 horas, de balde.